12 julio 2016

Dende o PSOE, pedímoslle ao PP de Arteixo, que polo ben do noso pobo, volva á unidade de acción, participando na Plataforma “Arteixo libre de peaxe”, da que forman parte asociacións e o resto dos partidos políticos do noso concello

Dende o PSdeG-PSOE cremos que ante a reivindicación histórica, de que o Ministerio de Fomento, libere a peaxe da AG-55 en Pastoriza, compre camiñar todos unidos, asociacións veciñais, culturais, sociais, deportivas, sindicatos, persoas individuais e partidos políticos. Non pode ser que despois do consenso acadado fai uns meses no Pleno do Concello, dende o goberno local se traballe ás costas dos veciños e do resto dos representantes municipais que formamos parte da Plataforma “Arteixo libre de peaxe”, perdendo forza nunha reivindicación xusta.

Ante esta situación, dende o Partido Socialista, pedímoslle ao PP e ao noso alcalde, que se una como un membro máis á Plataforma aberta a entidades de todo tipo e persoas individuais, que desexamos que o Ministerio de Fomento libere o peaxe da AG-55 en Pastoriza e constrúa os novos enlaces da AC-15 en Suevos e Pastoriza libres de peaxe para todos os cidadáns, ademais de pedirlle á Xunta de Galicia que libere o resto das peaxes da Autopista A Coruña - Carballo, como historicamente leva pedindo o noso concello e todos os que forman parte das comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte.


Esperamos que máis cedo que tarde, o Partido Popular de Arteixo, veña a participar nesta plataforma cidadá e aporte as súas opinións e traballo, para conseguir os obxectivos, que son comúns para tódolos cidadáns do noso concello e comarca. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.