13 julio 2016

Calvelo remodelou pensando nas eleccións do 2015, o Campo da Cega en Meicende ás costas dos veciños, deixando a praza en peor estado, inacabada e con múltiples defectos constructivos


Xa no ano 2015, o Grupo Municipal Socialista denunciaba a desfeita levada a cabo polo goberno de Calvelo no Campo da Cega en Meicende, cunha longa obra, que trouxo múltiples queixas veciñais, que comezaron pola eliminación dun suposto parque para mascotas, planificado nun lugar pouco axeitado, ao que tiveron que renunciar. Despois asistimos a unha obra que deixou dita praza en peores condicións para os usuarios do que estaba antes de comezar, cunha infraestrutura incomoda, pouco funcional e con múltiples perigos para os nenos que utilizan este lugar de recreo, xa son moitas as queixas dos veciños que tiveron accidentes nestas instalacións municipais, nalgún caso con feridas infantís que tiveron que ser atendidas nos centros médicos e das que o Grupo Socialista ten fotos e informes médicos.

Ademais os defectos construtivos son continuos e temos que ver como se teñen que levar a cabo actuacións para paliar os desperfectos dunha obra mal executada.

Por outra banda, os veciños desta zona de Meicende seguen a esperar polo prometido campo multixogo que estaban planificado na parte de atrás da Igrexa e que despois dun ano, semella que xa teñen esquecido.


Ante tal desaguisado, o PSdeG-PSOE de Arteixo solicita do Grupo de Goberno do PP, que se leve a cabo unha reforma de dita praza, contando cos veciños e as súas necesidades.  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.