13 julio 2016

O PSOE de Arteixo pide melloras do parque infantil do campo da Igrexa de Arteixo e o troco de localización dos aparatos para maiores a unha zona máis segura ou o seu valado


Arteixo goza de ter un gran número de rapaces que gozan das instalacións infantís que se sitúan no campo da Igrexa de Arteixo, instalacións que a día deben ser ampliadas para o uso de todos os rapaces do noso concello.

A multitude de usuarios destas instalacións fai necesario que o concello proxecte unha ampliación de esta zona dotacional para ser máis atractiva e funcional para as familias arteixáns, comezando pola instalación de mellor iluminación, que non impida ter que deixar de utilizar esta infraestrutura a media tarde en inverno, un mellor valado das zonas de xogo infantil, para evitar sustos co río e co tránsito de vehículos e a instalación dalgunha zona baixo cuberto para o xogo durante os longos períodos de choivas do noso concello.

Ademais faise necesario, que ante os continuos accidentes dos máis pequenos cos aparatos de exercicio físico dos maiores, estas instalacións sexan trocadas de localización ou illadas para evitar o continuo trasiego de nenos cara elas.


O Grupo Municipal Socialista solicitará en pleno estas actuacións, para dotar as familias de Arteixo dunhas mellores instalacións infantís para os nosos rapaces e que gocen dunha maior seguridade no seu uso.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.