Cada
día son máis os veciños que se mostran sorprendidos ante os continuos anuncios
do goberno local dunha diminución da delincuencia en Arteixo, somos moitos os
cidadáns que sabemos que o goberno local maquilla os datos para dar unha imaxe
irreal do que está sucedendo no noso concello.
Os
veciños só piden unha maior atención e control policial e que a policía local
dedique todos os seus efectivos, para garantir unha mellor atención a cidadanía
e disuadir aos posibles delincuentes coa súa presenza, e non só grandes actuacións
mediáticas en vésperas de eleccións que traten de amosar o que non se fai o
resto do ano.
No
barrio das Eiras en Meicende, o repunte da delincuencia e do tráfico de drogas fai necesaria a implicación do goberno local e as autoridades
estatais, para tratar de frear unha situación irrespirable que moitos veciños comezan
a denunciar, o continuo trasiego de persoas na búsqueda de estupefacientes, a
aparición de materiais sobrantes do consumo destas sustancias, o aumento dos roubos e os casos de delincuencia, fai que a veciñanza esté moi preocupada e se
queixe do desenrolo de actividades ilícitas aos pés da casa do noso alcalde,
sen que o concello faga nada por evitalo.
O
Grupo Municipal Socialista pídelle ao Grupo de Goberno que en coordinación coas
forzas de seguridade do estado, leve a cabo actuacións que compliquen o
desenrolo de ditas actividades e afasten dos nosos barrios a aqueles cidadáns
que fan da delincuencia o seu método de vida. Recordamos a necesidade de establecer patrullas de policia local na zona norte do concello, cunha base nesta zona para poder acudir con inmediatez e ser de caracter disuasorio para aqueles que queren vir a Meicende ao que non deben.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.