Despois das
verbas da concelleira de Cultura na presentación da exposición do XIPA,
colectivo de xóvenes artistas de Arteixo, nas que apostaba claramente polo
apoio e colaboración cos xóvenes pintores e ilustradores do noso concello,
dende o Grupo Municipal Socialista queremos aportar algunhas ideas, para que as
verbas non se queden na ocupación durante un mes dunha sala de exposición
pública e uns pinchos e que sexan unha aposta real pola artes plásticas e os
artistas do noso concello.
Fai xa uns meses
que dende o Grupo Municipal Socialista solicitabamos do Grupo de Goberno a
convocatoria dun certame de pintura rápida no noso concello, onde ademais de
premiar as mellores pinturas, tamén se premiase aos artistas locais e xóvenes
artistas, incluso con premios en material artístico para les, sen que ata o de
agora tivésemos máis noticias do tema, pero tamén poderían presupostar bolsas
para os xóvenes artistas do noso concello, para axudarlles coa súa formación, a
posta en marcha dun proxecto de difusión e promoción da arte local permanente,
onde os artistas puideran expoñer e vender os seus produtos e poderíase ter unha
programación formativa de ditos artistas e darlles asesoramento gratuíto para a
súa actividade.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.