22 noviembre 2016

“Arteixo necesita que a súa administración, dinamice en maior medida a actividade escénica, literaria e creativa do noso concello, apostando polos colectivos e creativos arteixáns”


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo, imos a pedirlle no vindeiro pleno ordinario ao Grupo de Goberno do PP, a posta en marcha dunha feira do libro no noso concello, onde se poidan poñer en valor as nosas letras e axudar aos nosos libreiros, como fai o concello de Carballo dende fai anos, ademais cremos que ademais das extraordinarias actividades que organiza o departamento de bibliotecas do noso concello, deberíanse apostar polos nosos creadores, cun maior número de certames locais de narrativa e poesía, ámbito no que o noso concello, ten a grandes creadores. Sabemos da iniciativa dalgúns creadores para celebrar un Festival Cultural de Creativos en Arteixo, nun concello onde a modernidade, a innovación e modernidade, debe ser a bandeira que poña o noso nome no mundo.

Tamén son varios os colectivos que se dedican as artes escénicas no noso concello e necesitan dunha maior implicación local para poder desenrolar a súa actividade con maior apoio da nosa administración, polo que dende o concello poderíamos axudarlles a facer talleres de interpretación, colaborar economicamente no desenrolo das súas actividades e programar un número maior de actuacións destes. Os vindeiros presupostos locais deberan aportar novidades en canto a actividade literaria e escénica e dende o Grupo Municipal Socialista así o reclamamos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.