17 diciembre 2016

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO SOBRE PLANS A PRESUPOSTAR PARA O 2017


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Durante os dous derradeiros meses, tódolos grupos da corporación estivemos traballando conxuntamente no desenrolo do plan estratéxico de Arteixo cara o 2020, para a solicitude de fondos europeos dentro do programa EDUSI. Durante este período de tempo, o Grupo Socialista chegou á conclusión de que a planificación urbanística, de mobilidade, de accesibilidade e de contaminación medioambiental estaban esquecidos por parte do Goberno Municipal , tras 6 anos ao mando da administración local e polo tanto eran temas a tratar con urxencia no noso concello, para poder abordar con seriedade o desenrolo deste plan estratéxico, tanto se a Unión Europea concedía a axuda de 5 millóns de euros que solicitábamos, como se non o fai e queremos facer de Arteixo un lugar mellor onde vivir.

A planificación urbanística dun concello sen normativa adaptada á lei, que traballa con normas subsidiarias dos anos 90, que non ten documentado cal vaia ser o seu crecemento, cara onde, onde vai a desenrolar as súas infraestruturas, os seus usos dotacionais, as súas zonas verdes, os seus espazos residenciais, como protexerá o seu patrimonio cultural e medioambiental, etc... cremos que indispensable abordala cun PXOM que sexa negociado por tod@s e para tod@s.

O desenrolo dun Plan de Mobilidade, que analice e poña solucións aos graves problemas que sufre un concello como o noso, con auténticos problemas de colapso no tráfico, sen un transporte público que aborde as necesidades tanto da zona rural como a máis urbana, tamén necesita dunha planificación por parte da nosa administración.

O desenrolo dun Plan de Accesibilidade que aborde os problemas dos peóns que circulan polo noso concello e queren acceder as nosas infraestruturas municipais, que fai imposible que un usuario con problemas de mobilidade, con cadeira de rodas ou unha familia con carrito de bebé salgan da súa casa sen xogarse a vida.

O desenrolo dun mapa de contaminación da nosa auga, do noso aire, da contaminación lumínica e do ruído, que poña enriba da mesa os problemas que teñen os cidadáns do noso concello e cales son as actuacións a desenrolar por esta administración ou as que ten que esixir doutras administracións para garantir unha calidade de vida decente.

Todas estas son actuacións improrrogables que teñen que vir reflexadas nos presupostos de 2017, se realmente tomámonos en serio o desenrolo estratéxico de Arteixo .  

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Arteixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ao Goberno Local a:

Incorporar ao presuposto de 2017, partidas para desenrolar o Plan Urbanístico, un plan de mobilidade, un plan de accesibilidade e un mapa de contaminacións que afectan aos nosos cidadáns e territorio.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.