23 diciembre 2016

PREGUNTAS POLA ACTUACIÓN DO CONCELLO NO INCENDIO DE ACTECO EN SABÓN

Despois de reunirnos onte coas Asociacións de Veciños, Manuel Murguia e Santirso de Oseiro, presentamos as seguintes preguntas pola actuación do concello de Arteixo ante o incendio de ACTECO no Polígono de Sabón

PREGUNTAS
Fai poucas datas tivemos a desgraza de ter un incendio importante nunha das empresas instaladas no Polígono de Sabón, chamada “ACTECO”, unha empresa que se dedica á reciclaxe de diversos produtos industriais. Durante toda a noite estableceuse un operativo para a extinción do incendio, cunha impecable intervención dos integrantes dos parques de bombeiros do entorno, o noso equipo de Protección Civil, a nosa Policía local , a Garda Civil e persoal de Portos. O incendio quedou moi reducido esa noite, pero ten aínda focos quentes que chegan a avivarse por momentos.
        Durante a extinción, puidemos observar a insuficiente infraestrutura coa que traballaron os equipos de bombeiros e só a aparición dos equipos dunha empresa privada de A Coruña “Repsol Petróleo”, fixeron posible que se actuase á presa en dito incidente. A deficiente rede de auga cunha absoluta falla de presión de auga, as insuficientes bocas de toma contra incendios, o difícil acceso ao embalse, a falla de protección de dito embalse de posibles contaminacións, poñen en dúbida a seguridade dun dos Polígonos Industriais máis grandes de toda Galicia. Ademais desta insuficiente infraestrutura, somos descoñecedores de que o Concello de Arteixo teña activado o Plan de Emerxencias que tiña encargado nos Presupostos deste ano 2016 e o que sabemos seguro é que este plan, non ten pasado polo Pleno do Concello e non se teñen postos en marcha os simulacros e a información que necesitan os cidadáns de Arteixo que viven no entorno do Polígono.
        Mentres as instalacións de ACTECO ardían, os veciños de Oseiro, visualizaban temerosos dende as súas vivendas, en moitos casos próximas a ditas instalacións, como actuaban os equipos de extinción, sen que dende o concello se lles facilitase información do que alí sucedía, e só a sorte de que o vento soprase cara o mar fixo que os veciños de Oseiro aldea, non tivesen que ser evacuados por un fume tóxico provocado por unha cantidade importante de cartón, plásticos e o outros produtos que alí almacenaban, pero non só foi no fragor desa noite, tampouco se lles informou en datas posteriores, nas que seguían a producirse, inflamacións e un fume irrespirable no seu entorno.
        Xorden as noticias de que algunha empresa química deste Polígono, con produtos altamente contaminantes, ten previsto unha importante ampliación e tamén de que o Concello baralla a posibilidade de eliminar os campos de fútbol de Oseiro, para sacar a concurso as parcelas para que se instalen novas empresas, estando estes situados preto de zonas residenciais.
        Os veciños que conviven coas instalacións do Polígono de Sabón necesitan respostas, como así nos comunicaron as asociacións de veciños de Oseiro e o Concello ten o deber de salvagardar a integridade destes e das súas propiedades, polo que rogamos ao grupo de goberno que non dilate máis a posta en marcha de tódalas actuacións que redunden nunha mellor seguridade dos nosos cidadáns.
  
        Por todo isto, desde o Grupo Municipal Socialista desexamos preguntarlle ao Grupo de Goberno:


  • ¿Ten o Concello activado o novo Plan de Emerxencias para o Polígono de Sabón?, ¿Pode explicarnos o seu funcionamento?, ¿Pensa informar das actuacións a levar a cabo e facer simulacros de emerxencia cos veciños que viven no seu entorno?
  • ¿Teñen previsto actuar no Polígono de Sabón para mellorar as infraestruturas para actuar noutro posible incidente deste tipo?
  • ¿Por que non se informou aos veciños de Oseiro da situación durante días, non se puxeron a funcionar os servizos de información de Participación cidadá e non se tomaron accións preventivas no caso de que o fume cambiase de dirección?
  • ¿Ten previsto o concello desmantelar os campos de fútbol de Oseiro?, ¿Que opina o concello sobre a ampliación da empresa química do Polígono de Sabón?, ¿Vai a levar a cabo actuacións para salvagardar o bo estado do río Bolaños ao seu paso polo polígono?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.