25 enero 2017

MOCIÓN DE URXENCIA QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO POLA SUCIEDADE CAUSADA POR ALGÙNS DON@S IRRESPONSABLES DAS MASCOTAS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


No concello de Arteixo estamos a vivir a falla de respecto por parte dalgúns propietarios de mascotas caninas, que teñen as beirarrúas do pobo cheas de merda e fan imposible camiñar sen ter os zapatos manchados e cun olor insoportable, mentres iso sucede o goberno do noso concello non fai absolutamente nada dende fai anos para corrixir este comportamento duns poucos veciños incívicos.

Pouco antes da entrada no goberno do actual alcalde, (Novembro de 2010), entrou en vigor a ORDENANZA MUNICIPAL DE POLICÍA, BO GOBERNO E MEDIDAS PARA FOMENTAR E GARANTIR A CONVIVENCIA CIDADÁ NO ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARTEIXO, na que se establecen as medidas necesarias para garantir unha convivencia pacífica e axeitada entre os habitantes do noso concello. Entre elas no artigo 28 fai referencia aos Excrementos de animais, cos seguintes dous puntos:


  1. As persoas que acompañen os seus animais están obrigadas a recoller os excrementos que depositen en calquera lugar das vías ou lugares públicos e, de maneira especial, en zonas de recreo infantil e en zonas de estadía ou paso.
  2. Cando os excrementos dos animais queden depositados nas beirarrúas, paseos, xardíns e, en xeral, en calquera lugar destinado ao tránsito de peóns ou xogo infantil, deberán ser recollidos polas persoas propietarias, ou persoas que os conduzan e depositados nun colector de lixo, encerrados nunha bolsa de plástico.

Recolléndose tamén no artigo 30 referente ao Réxime de Sancións como falta grave e con multas de 750,1 a 1500 euros

Tamén na Ordeanza fala das Medidas para fomentar a convivencia, no artigo 7 de Fomento da convivencia cidadá e do civismo:


  1. O Concello levará a cabo as políticas de fomento da convivencia e o civismo que sexan necesarias co fin de conseguir que as condutas e actitudes das persoas que están na cidade se adecúen aos estándares mínimos de convivencia co obxectivo de garantir o civismo e de mellorar en consecuencia la calidade de vida no espazo público.

Tamén durante o anterior mandato deste actual grupo de gobernó, prometeuse en varias ocasións a instalación de parques para mascotas nos entornos urbáns, algo necesario para os propietarios de animais de compañía, para poder deixalos soltos e que poden facer as súas necesidades fisiolóxicas.

Diante desta situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes, ACORDOS:


  • O concello levará a cabo unha campaña de sensibilización publicitaria para a cidadanía, sobre a obrigatoriedade de recoller e depositar os excrementos dos seus animais, e establecerá un período de dous meses de multas explicativas sobre a contía da infracción cometida e sen obrigatoriedade de pago, para posteriormente pasar a aplicar a Ordeanza para aqueles que fan imposible manter as nosas zonas urbanas limpas de excrementos.
  • O concello planificará no 2017, a instalación de parques para mascotas nos diferentes núcleos urbáns de Arteixo.     


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.