21 febrero 2017

Rogo do PSdeG-PSOE de Arteixo ao Goberno Local do PP, polas novas que xurden do IES Manuel Murguia


Neste curso académico, derivados da aplicación da nova lei de educación e da nova dirección do IES Manuel Murguía, atopámonos cunha serie de decisións tomadas por esta nova dirección do centro, que xeran preocupación das nais e pais dos alumnos, queixas pola distribución dos alumnos por aulas co criterio de capacidade e comportamento, falla de actuación da propia dirección contra algún docente por actuacións que poden exceder o legalmente establecido e a derradeira nova que chegou aos nosos oídos, ante a decisión da nova dirección de ter pechados os baños durante o transcurso da xornada lectiva, excepto cinco minutos antes do recreo e cinco minutos antes do remate, o que resulta incomprensible existindo rapazas en período de crecemento, que comezan co período menstrual e outras problemáticas que poden xurdir deste peche, cunha decisión que para o noso entender excede do legalmente establecido.
  
Por todo isto, ROGAMOS ao noso representante no Consello Escolar de dito centro que nos informe da veracidade de ditas situacións que antes enumeramos e que en caso de ser certas tome partido en dito consello, esixindo que rematen co peche dos baños do centro durante a xornada educativa, que non abandonen aos rapaces menos capaces cara a exclusión e que a dirección esixa que tódolos docentes actúen co respecto debido cara tódolos alumnos e alumnas do IES.

1 comentario :

  1. Martín, esta información non e falsa, e totalmente verdadeira, teño un fillo neste instituto e o que se fai neste centro, está totalmente fora das normas. Ainda che direi, que os que queren ir o baño no recreo, teñen que pedir a chave na conserxería.
    Eu mesmo, teño solicitada una reunión ca titora e directora, para que me explicasen este tema, como outros que creo non cumplen ca normativa vixente. Hai moitas ou demasiadas cousas mal feitas neste centro, case se provoca a dredes o fracaso escolar.

    ResponderEliminar

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.