22 febrero 2017

ROGO DO PSdeG-PSOE DE ARTEIXO POLA FALLA DE SEGURIDADE


Os cidadáns de Arteixo denuncian día tras día, a pasividade do goberno estatal e local do PP ante a preocupante situación de inseguridade que vivimos en Arteixo

Nos derradeiros tempos recibimos moi preocupados, as continuas denuncias veciñais das situacións de inseguridade que se están a vivir, atracos, acoitelamentos, roubos en locais, vivendas e garaxes, roubos en coches, tráfico de drogas en lugares de Meicende e Oseiro, mentres os medios de comunicación se fan eco dalgún dos roubos, como o sucedido en garaxes e trasteros dunha comunidade de veciños do noso casco urbán, día tras día algún local de hostelería ou comercio aparece con desperfectos e con sustracción de material ou de cartos, denuncian os atracos e inseguridade nas rúas ou a aparición de colectivos sospeitosos de actividades ilícitas. A situación nas Eiras ou na aldea de Oseiro resulta irrespirable, convertido nun auténtico mercado de droga, que provoca que os veciños deste núcleo atopen continuamente a xente consumindo drogas e deixando os perigosos desperdicios polo seu entorno vital.

Vivimos agora mesmo nunha situación de inseguridade que dende os poderes públicos son incapaces de atallar, polo que ROGAMOS tanto do goberno local de Arteixo, como o Goberno do Estado, que deixen a súa actual pasividade e autobombo para tomar medidas extraordinarias e intentar controlar unha situación que se lles está a escapar das mans.

Dende o noso Grupo xa dixemos que a situación ben merece que o goberno local do  PP de Arteixo esixa do goberno do estado que aumente o insuficiente número de efectivos dos Corpos de Seguridade do Estado, recortados polo Ministro Montoro e denunciados polos sindicatos policiales, co fin de aplacar o medo existente entre os nosos veciños e comerciantes, e rogámoslles unha vez máis que a nosa Policía Local teña como prioritaria a vixilancia dos nosos barrios e parroquias, para evitar a distancia e sensación de abandono que sofren os nosos veciños.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.