24 junio 2017

O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia que as pistas de Lañas están intransitables un mes despois de que solicitáramos a limpeza da maleza que as invade


Fai un mes, os socialistas de Arteixo, despois de escoitar a preocupación dalgúns veciños do barrio de Suso en Lañas, solicitamos da Concellería de Medioambiente que acelerase a limpeza das cunetas das pistas desta parroquia, ao atoparse en mala situación para o tránsito dos vehículos e cun enorme risco de accidente.

Dende aquela a situación empeorou e algunha das pistas atópanse intransitables e cun maior risco de accidente. Non pode ser que un mes despois de que os veciños e os representantes da oposición fagamos esta denuncia, todo siga igual.

No Pleno Ordinario da semana que ven o Grupo Municipal Socialista enviará un rogo ao Grupo de Goberno para que non demoren máis a limpeza desta zona do noso concello e impidan que algo grave poida suceder alí.




No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.