22 junio 2017

O PSdeG-PSOE de Arteixo pide que o Concello actúe para garantir a salubridade nas fincas existentes entre as rúas República de Uruguai, República Dominicana e República de Argentina, ademais de proxectar servizos e zonas de lecer para os veciños desta parte do casco urbano de Arteixo


Os socialistas de Arteixo denunciamos o estado de abandono no que se atopa a parte do Concello que está situado na franxa que vai dende a Avenida de Fisterra cara a Baer, unha zona que está completamente desprovista de servizos básicos como zonas verdes, parques infantís e unha nefasta accesibilidade, ademais de non atoparse nun axeitado estado de mantemento.

Despois de 6 anos, non é de recibo que o goberno do PP modifique o planeamento noutras zonas do casco urbano de Arteixo para dotalo de mellores infraestruturas e non actúe nun barrio cun elevado número de veciños. Dende o Grupo Socialista fai tempo que visualizamos como o goberno de Calvelo trata aos cidadáns desta zona e outras, como Candame ou o Alto de Arteixo, como veciños de segunda categoría e observamos con preocupación como só se desenrolan aqueles lugares onde existen determinados intereses económicos, mentres o novo Plan Xeral de Arteixo segue gardado nun caixón.

Deixando a parte estas consideracións, os socialistas de Arteixo solicitamos que o goberno actúe con premura para garantir o estado de salubridade na zona situada entre as rúas República de Uruguai, República Dominicana e República de Argentina, que despois de anos  sen desbrozar, atópase ateigada de  maleza e convertida nun importante foco de infección cun preocupante risco de incendio. Dende o goberno local teñen a obriga de esixir o mantemento destas fincas ou actuar conforme a lei se non se garanten as condicións esixibles. Dende o Grupo Municipal Socialista pediremos no próximo Pleno Ordinario de Xuño que se actúe con premura e corrixan esta situación.




No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.