Os deputados socialistas recordan que o número de alumnos por aula no Ponte dos Brozos é “insoportable”, situación que empeora coa pandemia da Covid-19
Os socialistas queren coñecer os avances concretos sobre un centro que se anunciou no 2017
Os deputados socialistas, a
iniciativa de Martín Seco, teñen presentado unha pregunta no Parlamento galego
para coñecer os avances concretos sobre o novo colexio, anunciado pola
Consellería de Educación e o Concello de Arteixo no 2017. Ambas entidades
fixeron público a través de medios de comunicación que o novo centro contaría
con 450 prazas e que sería o Concello o encargado de entregar no 2019 os
terreos á Xunta para a súa construción. “Desde entón, non tivemos máis
información a pesar de que o grupo municipal do PSdeG a solicitase en varias
ocasións ao Goberno de Arteixo”.
O municipio é un dos concellos
galegos con máis crecemento demográfico e conta cun dos colexios “máis
saturados” e con máis alumnos de toda Galicia, o CEIP Ponte dos Brozos, con un
número de estudantes por aula “insoportables”, ata o punto de ter acondicionado
aulas en “espazos que deberían de ter outra utilidade”.
Esta situación empeora coa
epidemia da Covid-19 e a necesidade de adaptar as aulas a “un menor ratio de alumnos, sen que a
Consellería de Educación e o Concello de Arteixo desen unha solución a unha
problemática da que son coñecedores hai máis de cinco anos”.
Desde o 2016 o PSdeG leva
solicitándolle ao Concello de Arteixo e á Xunta de Galicia a construción de
novas infraestruturas educativas. O colapso nos colexios do concello xa está a
chegar aos IES, que contan cada vez con máis alumnos polo mero avance
demográfico de Arteixo.
No último pleno municipal, o
grupo socialista interesouse polos avances do novo colexio, ademais de
preguntar se esta infraestrutura educativa serviría para solucionar o desbordamento
dos centros de Infantil e Primaria, ou tamén, para cubrir a sobrecarga que
sofre o IES.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.