18 febrero 2012

Moción sobre Radio Arteixo


MOCIÓN
           

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


            No regulamento de funcionamento de Radio Arteixo, podemos ler no segundo punto do Artigo 1 de Principios Xerais, o seguinte texto:


O Pleno da Corporación Municipal exercerá o control respecto ás actuacións da xestión do servizo público de xestión da emisora municipal "Radio Arteixo".


Polo que resulta evidente que esta cuestión axústase a ser debatida neste Pleno do Concello.


 Dende o mes de Septembro de 2011, o Grupo Municipal Socialista ven presentando iniciativas neste órgano, para conquerir un posicionamento claro do Grupo de Goberno do Partido Popular e o noso Alcalde, Carlos Calvelo, sobre o futuro da Radio Municipal do noso Concello, que está a ser pouco respaldada polos actuais dirixentes locais, que a deixaron case que sen contidos e cunha programación menor do imprescindible para un medio público coma éste, ademais nin tan sequera se ten convocado ao Consello de Radio Arteixo para tomar decisións sobre a sua programación e sobre a problemática da falla de emisión no repetidor sancionado polo Ministerio e as solucións a adoptar para unha emisión a toda a cidadanía do noso Concello, cando este Consello foi requerido en múltiples ocasións polos partidos da oposición en diferentes foros oficiais.


            Faise inexcusable que tódolos grupos políticos de Arteixo, tomemos posición, e digamos o que desexamos que suceda coa nosa Radio Municipal no futuro, e se o noso interés é o mantemento deste ben público, que traballemos codo con codo para conquerir solucionar os problemas de emisión que ten este medio e que non deberían de ser coartada para evitar o debate entre as diferentes sensibilidades políticas do noso Concello.

            Dende o ano 2007, sendo todavía alcalde o señor Pose Miñones do PP, estableceuse no Consello de Administración de Radio Arteixo un mecanismo de participación política de tódolos grupos presentes na corporación polo que se lles asignaba un tempo de 20 minutos semanais para falar dos temas de actualidade do noso Concello, anteriormente xa estaba contemplada a participación destes grupos aínda que ese tempo era de 30 minutos mensuais para tódolos grupos políticos de dita corporación.

            No mes de Abril do 2011, o Consello de Administración de Radio Arteixo toma a decisión de suspender os espazos poíticos durante a Campaña Electoral, sendo contemplado literalmente na acta de dito Consello do seguinte xeito:

Acorda: 1.- Suprimir, entre o 5 de Maio (comezo da campaña electoral ) e ata a composición da nova corporación, os programas de intervención semanal dos grupos políticos municipal

            Dende fai xa bastantes meses a nova corporación está constituida e sospeitosamente seguimos sen poder escoltar aos nosos representantes na radio municipal. Por outro lado a chegada da orde de incoación de expediente sancionador dictada pola Sª Estado de Telecomuniciacións pola instalación e funcionamento dun radioenlace para o transporte de programas de radio difusión sen autorización administrativa, acóllese por parte do goberno local sen que semelle que busque os mecanismos posibles de solución deste problema, máis que o simple desmantelado de dito transmisor e sen que ninguén saiba nada dos posibles trámites que se pudieran realizar para emitir para tódolos cidadáns do nso concello.

            Para aqueles que cremos na democracia e no establecemento de tódolos cauces posibles de participación cidadá e dos grupos políticos na vida do Concello, consideramos imprescindible contar cunha radio municipal, que dé participación a tódolos grupos polítcos e a tódolos cidadáns de Arteixo e dende a chegada do novo goberno local do señor Calvelo, a Radio Municipal segue sen reanudar os seus espazos semanais de participación dos grupos municipais e todo semella que esta inactividade agrada os nosos dirixentes do Partido Popular que non convocan o Consello de Radio Arteixo, nin dan orden de voltar a dita programación, polo que semella que teñen medo do debate político e de ter unha radio que ceda a palabra aos veciños e aos seus representantes.



Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a
adopción do seguinte,


ACORDO:

  • Os Grupos políticos presentes no Concello de Arteixo queremos facer pública a necesidade de que o noso Concello conte cunha Radio Municipal pionera na nosa xeografía e nos mostramos públicamente comprometidos a traballar por manter as emisións deste medio de comunicación, contando coa participación da pluralidade das forzas políticas e buscando aquelas actuacións que sexan necesarias para conquerir unha emisión completa en todo o territorio do noso Concello.

  • Solicitamos do señor Alcalde, que convoque urxentemente o Consello de Radio Arteixo para debater sobre estas cuestións e sobre a problemática da falla de emisión para todo o noso territorio.

  • Solicitamos deste Consello, a reanudacción dos programas de intervención semanal dos grupos polítcos presentes na corporación municipal de Arteixo nas mesmas condicións que en datas anteriores á Campaña Electoral deste ano, como se emplazaba no acordo tomado en Abril por tódolos Grupos Políticos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.