31 julio 2013

“É inaceptable que se estén a derrochar os fondos municipais en renovar beirarrúas seminovas e teñamos aos veciños do Quinto Pino sen os servizos básicos como a auga para poder asearse”



O PSdeG-PSOE pídelle ao goberno que actúe con rapidez ante os graves problemas de abastecemento que teñen no barrio do Quinto Pino na parroquía de Pastoriza. Segundo os propios veciños que se puxeron en contacto co nos, levan sufrindo problemas de abastecemento de agua durante todo o mes de Xullo pola falla de presión que lles fai imposible poder ducharse en condicións normais e impedindo que poidan asear aos seus fillos cando voltan das praias.

Os/as veciños/as deste núcleo amósanse indignados/as por un problema do que o concello é coñecedor por multitude de denuncias aque fixeron pero dende o grupo de goberno do Partido Popular aínda a  se adoptou ningunha solución.


Martín Seco: “Non se pode permitir que estemos derrochando auga no baldeo das rúas, en riego e  sen ningún tipo de restricción no consumo deste ben tan prezado e moitos veciños non teñan auga para poder lavarse”

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.