30 octubre 2013

“O señor Calvelo engana á oposición cunha data errónea na invitación da colocación da primeira pedra do futuro Centro Social de Meicende”



Ao Grupo Municipal Socialista de Arteixo gustaríanos ter asistido a colocación da primeira pedra do futuro Centro Social de Meicende, local polo que tanto teñen pelexado os veciños deste núcleo arteixán e que despois das xestións comezadas por gobernos anteriores a este e o impulso da refinería de Repsol, pode ser unha realidade nun futuro próximo.

O noso malestar xurde polo continuo desprezo do goberno local polo resto dos representantes públicos deste concello, esta vez enviándonos unha invitación para este evento cunha data errónea do 28 de Novembro de 2013, ademais tendo en conta que onte estivemos reunidos dende as 8.30 da mañá nas Comisións Informativas do Pleno sen que por parte do grupo de goberno do PP xurdise ningún comentario sobre o acto que tería lugar unhas horas despois, comezamos a pensar que dita invitación non estaba equivocada por casualidade.

Pola nosa parte pedirlle desculpas aos veciños que se acercaron a dito acto por non poder compartir este momento con eles, tendo en conta que nesta construción están inmersos os diferentes gobernos deste concello antes da chegada de Calvelo ao poder e os representantes da refinería de Repsol que puxeron o seu grao de area nesta construción tan importante para este núcleo do noso concello.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.