04 octubre 2013

O goberno local debe articular medidas para rematar coa ola de roubos e inseguridade que viven os veciños de Ranobre



Son moitos os veciños/as de Rañobre que están preocupados pola inseguridade que se está a vivir no noso concello nos últimos tempos. Os/As veciños/as desta parroquia están sufrindo continuos roubos nas súas propiedades e nas súas colleitas sen atopar aínda solución por parte daqueles que deben salvagardar os intereses dos seus veciños/as, ditos roubos chegaron incluso ao interior de dúas vivendas de dita parroquia e a cidadanía de Rañobre síntese coa necesidade de que o noso goberno local articule aquelas medidas dende o Concello e as outras administracións para que ditos roubos se deixen de producir con tanta facilidade para os delincuentes que atentan nesta parroquia.

 Dende o noso grupo solicitamos e así o faremos no pleno deste mes de Outubro que se poñan en marcha medidas dende a Xunta de Seguridade Local para conseguir frear a aparición destes episodios tan desagradables para os nosos/as veciños/as.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.