29 octubre 2013

O Grupo Municipal Socialista presenta un rogo pedindo o arranxo de tres rúas na Zapateira

Ó PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO


            Don Martín Seco García, na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

            Que o abeiro do disposto no artigo 97.6 do Real Decreto 2586/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, veño a plantexar ós órganos de goberno o seguinte:


ROGO

Ante o mal estado que se atopan estas rúas do noso Concello (adxuntamos fotos do estado das rúas):

RÚA CAMINO DE LA COLINA (No costado dereito do Clube de Golf de A Coruña): A terra invade as beiras estreitando a vía. Multitude de baches e zanxas mal tapadas. Todo o firme atópase en mal estado.






RÚA LOLA ANGLADA SARRIERA (No costado dereito do Clube de Golf de A Coruña): A terra invade as beiras estreitandola vía. Multuitude de baches e zanxas mal tapadas. Todo o firme atópase en mal estado.








RÚA MARÍA DEL CARMEN CORREDOIRA (Entrada da estrada do Polvorín cara a residencia de estudantes Século XXI): Baches moi profundos. Tramo de inicio estreito que casi non pasan dous vehículos á vez. Resulta vergoñento ver ata onde asfaltou o Concello de Culleredo e o noso concello ten a vía en total abandono (uns 200m).








Dende o Grupo Municipal Socialista rogámoslle ao grupo de goberno que solucione os problemas destas rúas do noso Concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.