11 junio 2014

“Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo levamos tres anos pedindo que se troque o sistema de concesión de axudas escolares para evitar que as familias con máis problemas económicos, non renuncien a ditos sevizos ao non poder adiantar os cartos do pago destes”


Foi dende o PSdeG-PSOE, onde propuxemos a creación da axudas para comedores escolares e para adquisición de libros e material didáctico en educación infantil e un ano máis votamos a favor da proposta anual de subvencións que dende o concello se convocaron para este 2014, o que máis nos chama a atención e observar como por terceiro ano consecutivo, dende o goberno municipal do PP se fan oídos xordos ás solicitudes que por parte do noso grupo se levan a cabo para que troquen o sistema de concesión das axudas que faga posible que as familias non teñan que adiantar os cartos do pago de ditos servizos antes de recibir a axuda, xa que dito adianto está a forzar a moitas familias a renunciar a solicitude de ditas axudas, ante a incapacidade que teñen de facer fronte ao pago previo dos servizos que van a ser obxecto de subvención.

Xa son moitas as familias que nos solicitan que este sistema troque, xa que o adianto dos cartos dunha familia con problemas económicos e tres fillos en idade de comedor escolar, supón un desembolso imposible de afrontar e polo tanto renuncian ao servizo e a axuda por non poder soster a cuantía a pagar antes de ter recibidos os cartos desta. Dende o noso grupo e tendo en conta a existencia doutros xeitos de funcionamento como o da Xunta de Galicia en relación cos libros de texto e material escolar que funciona baixo o modelo de cheque e que polo tanto facilita as cousas para a xente con menos recursos, quedámonos abraiados de que dende o concello non sexan capaces en toda a lexislatura de poñer en marcha un sistema similar que impida que ningún neno de familias con problemas sociais quede fora da posibilidade de acceder a unha alimentación sana e completa e invitamos unha vez máis a concellería de educación a que se poña a traballar para solucionar este problema e non mire cara outro lado.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.