22 abril 2015

Martín Seco reitera o seu compromiso para construír un novo campo de fútbol en Pastoriza

A infraestrutura axudaría á expansión do clube de rugby Zalaeta
e a práctica doutros deportes como o atletismo



O PSOE de Arteixo, seguindo a mesma liña establecida nas pasadas eleccións municipais, adquire o compromiso de impulsar a construción dun novo campo de fútbol en Pastoriza.

Tal e como defendía o grupo socialista fai catro anos, esa obra non require como condición sine qua non a aprobación do Plan Xeral. Así o dixo o PSOE e o alcalde do PP negouno, aínda que agora queira facer crer o contrario e sumarse ao carro.

Así mesmo, os socialistas somos conscientes da necesidade de aproveitar a dita infraestrutura para a práctica doutros deportes, con especial atención ao rugby, onde o club Zalaeta de Arteixo ve como a súa capacidade de crecemento vese minguada pola falta dun espazo adecuado para o seu desenvolvemento.

Do mesmo xeito, durante o encontro cos representantes da Sociedade Cultural e Deportiva de Pastoriza, a construción exposta nesta parroquia deberá ter a posibilidade de albergar pista de atletismo, un deporte cunha crecente expansión no concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.