21 abril 2015

O PSOE reabrirá a radio municipal cunha programación plural e participativa para todos os veciños e os grupos políticos

Martín Seco presentará un rogo no pleno para que se tomen
medidas desde xa coa frecuencia de Radio Líder



Radio Arteixo volverá abrirse co PSOE. Ese é o compromiso dos socialistas para que, no caso de chegar ao goberno local, os cidadáns teñan unha emisora propia, que funcione con normalidade e que chegue a todos os puntos do termo municipal.
Así o fan saber os veciños ao equipo liderado polo candidato Martín Seco, que nas últimas semanas recibiu varios escritos solicitando que, no caso de que accedan ao executivo local, devolvan ao pobo este servizo de información e debate.
O PSOE asegura que tomará as medidas necesarias para salvagardar o espazo de Radio Arteixo, que está a ser ocupado por outras emisoras como Radio Líder, frecuencia moi próxima á que empregaba a radio local e que agora utiliza o alcalde e candidato do PP, Carlos Calvelo, para participar nos seus faladoiros.
Neste sentido, Martín Seco presentará un rogo no próximo pleno pedindo que se adopten medidas urxentes nese tema, no que se preguntará sobre a legalidade do cambio do dial de Radio Líder.
O compromiso dos socialistas é por tanto cos veciños e, deste xeito, coa reapertura de Radio Arteixo, o que ademais significaría unha mellor programación da que tiña antes do peche. Así, garantirase unha participación plural dos veciños e as intervencións dos distintos grupos políticos sen distinción, convertendo a emisora nun espazo de todos e para todos.
Así mesmo, o PSOE traballará na solución dos problemas de amplificación da radio local para que todas as parroquias de Arteixo teñan acceso á mesma e non haxa diferenzas entre unhas zonas e outras do concello.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.