02 julio 2015

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O PSdeG-PSOE pídelle ao goberno local unha maior presenza policial e mellor coordinación cos corpos de seguridade do estado ante os continuos roubos en Vilarrodís aldea”


Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo pedímoslle ao Grupo de Goberno do PP de Arteixo que redobre os esforzos para establecer un maior control policial e unha mellor coordinación cos corpos de seguridade do estado para impedir os continuos roubos que están a sufrir os veciños de Vilarrodís aldea e noutros lugares do noso concello.

Resulta preocupante recibir a denuncia dunha veciña deste barrio que asegura que lle entraron na súa casa ata en 6 ocasións, forzando portas e fiestras para acceder ao seu inmoble e desvalixalo.

O primeiro mandato dun goberno é asegurar a integridade e seguridade dos seus veciños e volvemos a poñer encima da mesa a nosa proposta electoral de utilizar a todos os nosos axentes no control e vixilancia do noso territorio, deixando os controles de circulación para a Garda Civil, establecer unha verdadeira policía de barrio e crear unha comisaría na zona norte.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.