03 julio 2015

INFORME DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE O CONVENIO ASINADO POLO CONCELLO DE ARTEIXO CO ARZOBISPADO DE SANTIAGO DE CONPOSTELA BASEADO NO PLAN DIRECTOR DO ENTORNO DA IGLESIA DE LOUREDA

Como consideración previa, o PSdeG-PSOE considera que a parroquia de Loureda é deficitaria nun local social axeitado para poder realizar actividades, ter reunións ou levar acabo eventos, ademais de ter un déficit evidente en zonas de lecer para os nenos e para os maiores, polo que dende o noso partido entendemos que é positivo que se levaran a cabo reunións co Arzobispado de Santiago co gallo de conseguir que a Rectoral de Loureda e a horta adxunta puidesen ser cedidas para uso dos cidadáns desta parroquia, sempre que non resultase un uso inapropiado dos fondos públicos nunha propiedade privada e máis nos tempos de crise que afectan a moitas familias do noso municipio, nese caso apostaríamos por buscar outro emprazamento axeitado para ter unha instalación propia ao servizo do pobo.       

O convenio asinado entre o Concello de Arteixo e o Arzobispado de Santiago de Compostela está enmarcado dentro dun Plan Director encargado polo concello de Arteixo ao Arquitecto Iago Seara Morales.

 O convenio asinado é o seguinte:




O Plan Director dísenos que está desenrolado para alcanzar a posta en valor do conxunto rural correspondente co Lugar do Igrexario. Establécese unha zona de actuación que comprende todo o núcleo rural do lugar do Igrexario, que conforma unha unidade de singular valor patrimonial, debido ao interesante modelo de asentamento rural que aínda permanece vivo no lugar. Dentro do ámbito proposto cabe destacar a presenza dun conxunto eclesiástico no que existen elementos incluídos no catálogo municipal de  monumentos. Este conxunto eclesiástico, de singular valor, está formado pola igrexa e o seu cemiterio; a casa reitoral e as súas construcións anexas, e os dous terreos da reitoral.

O plan articúlase en torno aos seguintes obxectivos básicos:

·       Información e Diagnóstico do estado físico das construcións, dos viarios, as zonas verdes, e os bens mobles (especialmente no concernente aos tres retablos existente na igrexa)
·       Propostas de intervención necesarias para a conservación do conxunto e a súa posta en valor.
·       Propostas de novos usos compatibles coa natureza do conxunto.
·        Ordenación do ámbito das edificacións.
·        Ordenación do viario.
·       Proposta de incoación do Conxunto Rural do Igrexario de Loureda como Ben de Interese Cultural na categoría de Conxuntos históricos, neste caso rural.
·       Definición, estimación e valoración económica das intervencións necesarias.
·      Programación temporal das propostas de intervención a curto, medio e longo prazo.


Dentro do ámbito do Plan Director, o conxunto eclesiástico é o seguinte:


O presente plan director formula, a rehabilitación integral do conxunto do Igrexario de Loureda focalizando a atención nos seguintes puntos:

·       A casa reitoral, construcións adxectivas e o seu ámbito inmediato. Edificios para arquivo.
·       A horta situado no lateral este da calzada: O local veciñal.
·       A igrexa, o adro e o cemiterio. O retablo maior.
·       Os viais perimetrais e os espazos públicos complementarios.
·       Inventario e caracterización de espazos libres, elementos construídos do casarío, tipos de terreos en atención aos seus usos ecultivos, etc...

O autor define a función principal deste Plan Director como a de  proporcionar a Loureda, e ao Concello de Arteixo, a declaración de Conxunto histórico e a posterior rehabilitación dun conxunto e inicialmente dotar de equipamentos novos e/ou mellorar outros onde se reúnan diferentes dotacións sociais e veciñais que proporcionen a poboación dun lugar común de reunión, consulta e aprendizaxe, ao tempo que se dota ao Concello dun lugar onde conservar, e expoñer o patrimonio cultural documental do Municipio.

Actuacións previstas:



Co fin de alcanzar o obxectivo que se propón no referente á Casa Reitoral, (a grandes trazos, a súa rehabilitación e posta en valor), hoxe abandonada e ameazando ruína, proponse a situación nela algúns locais multiúsos que poderán albergar dende exposicións a reunións veciñais e parroquiais. Restauraranse e musealizarán os locais anexos á muralla, de alto valor patrimonial. Proponse, ademais, unha nova edificación, anexa ao patio da casa reitoral polo seu lado oeste, que albergará as dependencias dun novo arquivo municipal e parroquial no que poidan poñerse en bo recado, restaurarse, catalogarse e arquivarse os documentos patrimonializados culturalmente (patrimonio documental) do Concello de Arteixo.


1.      Construccións Anexas á Casa Rectoral: A realización das obras nestas instalacións é a primeira obra comprometida polo concello, que deberá de ter licitadas as obras antes de Decembro deste ano 2015, e segundo o plano do Plan Director estarán destinadas a dependencias para usos parroquias e para uso museístico.

  
2.      A Casa Rectoral dividirase en duas partes, a planta baixa quedará para uso veciñal e cultural con dous espazos duns 50 metros cadrados, un deles divido en dous e uns aseos, a planta alta terá uso exclusivo do arzobispado mantendo a casa rectoral con acceso individual.

Planta Baixa:


Planta Alta:



No Convenio, o Concello se compromete a ter rematadas as obras nesta planta, antes de catro anos da sinatura do convenio, é dicir, antes do 29 de Abril de 2019.

3.      Construirase un novo edificio anexo á Casa Rectoral onde se situará o Arquivo Municipal:


Na horta situada no lateral este da calzada, proponse a construción dun pequeno edificio que dea cabida a unha serie de dependencias veciñais que poidan servir de punto de reunión dos veciños da zona. A este tempo, proponse o acondicionamento da ampla horta-xardín e as construcións existentes nela (tales como o pequeno merendeiro situado ao pé do regato que atravesa o terreo) e os muros interiores e de peche, que presentan derrubas nalgúns lugares. Con esta actuación preténdese dotar ao conxunto dun espazo verde acondicionado e vivo que permita aos veciños gozar dun ámbito natural privilexiado, restaurado,y equipado ao final dunha das rutas peonís mais singulares do municipio.






No ámbito da igrexa (e na mesma igrexa) as actuacións se encamiñarán a conservar e poñer en valor o rico patrimonio inmoble e moble existente. Proponse a restauración inmediata do Retablo Maior de Ferreiro, así como a dos dous retablos laterais, obra dos seus discípulos. Ao mesmo tempo se iniciará un expediente de incoación como Ben de interese cultural ( BIC ) para que ao conxunto retablístico, conxuntamente coas edificacións e construcións que lle dan acubillo, o complexo parroquial, e as suas relacións espaciais e especiais co nucleo rural adxacente e catalogado asígneselle a categoría de Ben de Interese Cultural que merece: Conxunto histórico. Propoñeranse tamén algunhas actuacións encamiñadas á conservación da Igrexa, tales como a revocadura os seus paramentos exteriores e interiores (logo de estudo pormenorizado destes) Se propón, así mesmo, a modificación da escalinata de acceso á igrexa e a supresión do pequeno espazo axardinado existente na parte dianteira do adro. Se dispoñerá un novo acceso á igrexa adaptado para as persoas con minusvalideces físicas e en xeral a posta en valor dos espazos públicos e a recuperación e mellora do caserio e o territorio histórico soportante.


Para a posta en valor deste conxunto proponse, ao mesmo tempo, a reordenación dos viais de acceso, e a creación dalgunhas prazas de aparcadoiro que se situarán na parte sur da horta-xardín e na prazado Cruceiro que permitan asegurar a circulación e a minoración do impacto de a acumulación dos automóbiles en momentos de celebracións parroquiais. Proponse tamén a substitución do firme de asfalto por outro de pedra, que proporcionará ambientación e unidade ao conxunto do Iglesario de Loureda. Proponse tamén a recolocación do cruceiro, para así poder crear unha pequena parada de autobús e situar na estrada de acceso ao núcleo unha fileira de aparcadoiros que liberen os viais existentes, xa que neste momento non se dispón de lugares de aparcadoiro definidos.





O presuposto do Plan Director  é duns 1,5 millóns de euros, unha vez sumados a estes 811.000 euros os gastos e impostos correspondentes e sen contar coas obras  de restauración do patrimonio da Igrexa.



O Convenio asinouse por 30 anos, coa posibilidade de prorrogalo por períodos de 5 anos co acordo de ambas partes. Unha vez rematado dito convenio o concello comprométese a abandoar o terreo.

As obras de mantemento corren por conta do Concello, así como os gastos correspondentes a IBI, gastos por consumo, reparacións, contratación de servizos, auga, luz, gas, teléfono.

CONCLUSIÓNS:

Os cidadáns deben de ser os que valoren este convenio asinado polo grupo de goberno do PP, e se están dacordo cun gasto millonario nun terreo privado, que dentro de 30 anos, deixará de ter uso dos veciños se a parte privada quere recuperalo.

O cálculo do que supón unha inversión de 1.500.000 euros en 30 anos, son 4.167 euros ao mes en inversión, máis os gastos correntes que a infraestrutura ocasione, mantemento e demais conceptos antes mencionados.

Dende o PSdeG-PSOE preguntámonos se nos tempos que corren, non existe a posibilidade de utilizar esa inxente cantidade de cartos en materias que tanto se necesitan como servizos sociais ou en fomento de emprego e formación, podendo conseguir un local social a un prezo máis axeitado para Loureda e unha mellor ubicación do arquivo municipal nun local propiedade do Concello.

Dende o noso grupo pedimoslle ao grupo de goberno que renuncie a dito convenio co arzobispado, e pedirémoslle a interventora o informe de valoración dos bens que falta no seu informe que nos achegaron anexo ao convenio, e que informen da legalidade de levar a cabo unha inversión deste calibre nunha propiedade privada, na que obtemos un uso compartido durante 30 anos.


Asdo:       
Martín Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.