29 septiembre 2015

Preguntas a Concelleira de Deportes polo malestar dos pais e nais con rapaces no Judo Club Arteixo


Estes días fomos coñecedores da preocupación dos pais e nais dos usuarios das actividades ofertadas polo Judo Club Arteixo, que incluso recolleron sinaturas para pedir solucións e restablecer as condicións anteriores as actuais, ante o maltrato que denuncian dende este colectivo ao Servizo Municipal de Deportes, trocándolles horarios establecidos dende fai anos de xeito unilateral para ofertarllo a outras actividades e trasladando algunha das súas actividades ao Colexio Ponte dos Brozos, solapándolle actividades e o máis grave, escoitar acusacións de falla de equidade no trato segundo o clube, a actividade ou os usuarios.
Dende o Grupo Municipal Socialista desexamos preguntarlle a Concelleira Delegada de Deportes:

¿Cal foi o motivo dos trocos e do traslado que denuncian estes pais e nais de rapaces usuarias das actividades de Judo?

¿Por qué non se informa dende o concello a ditos usuarios dos cambios e dos porque destes?

¿Vai a articular esta concellería algún tipo de solución para este colectivo?  
¿Teñen un trato diferente dende este servizo municipal, dependendo dos usuarios, clubes ou actividades que ofertan dende este concello?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.