18 febrero 2016

A Asamblea da Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Arteixo, esíxeselle ao Grupo de Goberno do PP, que aprobe con urxencia o presuposto para 2016, cualificando a súa actitude de irresponsable e acusando de incapacidade aos dirixentes populares, en especial ao novo concelleiro de asuntos económicos que con maioría absoluta e dedicación exclusiva, ten aos proveedores sen cobrar e o concello paralizado dende Maio de 2015


A asamblea da Agrupación Local de Arteixo do PSdeG-PSOE reuniuse onte, e elixiu por unanimidade ao xoven Simón López como novo membro do Comité Provincial do PSdeG-PSOE en representación de Arteixo, ademais dos outros dous compañeiros que xa estaban nel, Rocío Veira e Martín Seco.

Dita asamblea decidiu facerlle chegar ao Grupo de Goberno do PP, por parte do Voceiro do Grupo Socialista, a esixencia de que aproben con urxencia o presuposto do 2016, documento que segue escondido a mediados de Febreiro e do que non temos data de recepción para estudio, unha situación lamentable, que a este ritmo fará que non entre en vigor ata o mes de Abril ou Maio de 2016, cando debería de estar aprobado definitivamente no mes de Decembro do 2015.

Resulta incomprensible ver a incapacidade para gobernar do Grupo Popular, que conta con maioría absoluta e que non se sentou a pactar ningunha partida do presuposto documento coa oposición, e aínda así, teña no conxelador un documento esencial para poder desenrolar as actuacións que necesitan os cidadáns do noso concello, ademais de ter sen pagar dende fai meses facturas que debe aos nosos proveedores, semellando que non lle preocupan as empresas locais nun momento especialmente sensible no eido económico para elas.

Máis preocupante resulta, se dito goberno ten un Concelleiro de Asuntos Económicos cunha substanciosa dedicación exclusiva e con 6 compañeiros máis nesa situación, ademais de 4 persoas de confianza, que son incapaces de pechar un documento, como o presuposto dun concello, algo que fala moi mal da capacidade dun grupo de goberno, que reflexa ineptitude polos catro costados.  


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.