15 marzo 2016

Rolda de prensa do Grupo Municipal Socialista e a Asociación de Profesionais da Horta do Noroeste, pedindo medidas para axudar ao sector agrogandeiro comezando pola bonificación do IBI

Esta mañá reuinimonos con Cristina Vazquez, a Presidenta da Asociación de Profesionais da Horta do Noroeste, e non puido asistir o representante da Agrupación de Vacuno Saneado de A Coruña para pedir medidas de axuda para o sector agrogandeiro no Concello de Arteixo.


Dende o Grupo Municipal Socialista somos sensibles coas reivindicacións dun sector especialmente golpeado pola crise e que non atopa por parte da Xunta de Galicia as solucións para poder seguir producindo a prezos razoables, ademais cremos que a involucración do Concello é esencial para protexer a un sector que é necesario no desenrolo do noso concello, que ten unha importante presenza no texido económico e axuda a fixación de poboación no rural, a un desenrolo sostible do noso territorio e que polo tanto debería de ser protexido polos nosos dirixentes.

Pediremos a Grupo de Goberno do PP, que faga un estudio sobre o número de veciños dedicados a actividade agrogandeira, a súa situación e afonde en aquelas cuestións que poidan poñer en valor o seu traballo, como a marca de productos agrícolas do noso ámbito xeográfico que habería que protexer e potenciar.

Por outra banda presentamos a moción que imos a defender neste mes de Marzo e que tamén presentaremos de cara aos presupostos, que pide que a revisión catastral que agora mesmo están a levar a cabo en Arteixo, non perxudique aos productores agrarios e gandeiros, establecendo para eles un tipo baixo do IBI Rústico e unha bonificación do 95% no IBI das propiedades usadas para esta actividade.

Moción sobre a revisión catastral e actividade agrogandeira


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
       
O procedemento de revisión catastral impulsado dende o Ministerio de Facenda co obxectivo de aumentar a recadación e intentar sanear as contas dos concellos, vai a ocasionar un impacto importante sobre os habitantes do medio rural en xeral e sobre todo sobre as explotacións agrarias e gandeiras.
Esta revisión da resposta a aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo dita actualización.
Este proceso consiste fundamentalmente en que se están a catastrar todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas.
Isto ten como consecuencia que as instalacións agrarias inclúense no Imposto de Bens e Inmobles, é dicir, pasan a pagar instalacións que ata agora estaban exentas de facelo.
Tal como recolle o artigo 74 da Lei  Reguladora das Facendas Locais que permite as bonificacións potestativas, e establece que “os concellos mediante unha ordenanza poderán regular as bonificacións de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor dos inmobles nos cales se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por darse circunstancias  sociais, culturais, históricas, artísticas ou de fomento de ocupación.

Do mesmo xeito a normativa permite ó Concello decidir o coeficiente a aplicar sobre o valor catastral entre o 0,3% e o 0,9%.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista de Arteixo, dado a importancia que o sector agrario representa, como dinamizador fundamental e parte da nosa economía produtiva e polo tanto de especial interese  municipal, insta ó Pleno municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:


  • Establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI  para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

  • Para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será de o 0,3%.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.